15/2/13

ENTROIDO 2013

Isto foi o que deu de sí o noso Entroido........ O particular animalario do cole Canicouva saiu á rúa. Podiamos ver xoaniñas, abellas zumbonas, vacas con moi boa leite,ratiños presumidos, cabalos, vaqueiros, e un montón de mouchos sabios.....E tamén algúns veterinarios por si se precisaban. Disfrutamos deste día percorrendo as rúas próximas ao cole e despois entramos no parque de Castrelos. Por último a queima do meco, que a pesar do fermoso que era o noso Pilarico, sucumbiú no lume.

8/2/13

CURTA DE OSCAR

Aqui déixovos esta curta da factoría Disney,ambientada en Nova York nos anos 40, nominada para os oscar do cine. O seu director Jonh Khars comenta acerca dela: "Iba camino al trabajo a través de la Grand Central Station, esperando que mi vida, por alguna razón, fuese mejor de lo que era [...] Tenía algo que ver con conexiones casuales que a veces se hace con la gente. Completos extraños [...] De vez en cuando uno hace contacto visual, luego lo pierde, y uno a menudo se pregunta quiénes eran esas personas. La historia de Paperman gira en torno a un tipo que hace una conexión con esta chica en su largo viaje al trabajo. Luego la pierde de vista. La historia es realmente acerca de lo que pasa cuando intenta recuperarla y volver a hacer esa conexión. ¿Cómo recompensaría el destino a alguien que intenta con todas sus fuerzas que esto suceda?".

5/2/13

DÍA DA PAZ E A NO-VIOLENCIA

O pasado mércores 30, celebramos o Día Internacional Escolar da paz e da no-violencia. Tivemos unha xornada moi completa, cantamos e tamén os rapaces, compuxeron unha fermosa frase, na que se nos recorda que a nosa humanidade ou falta dela reflíctese no noso comportamento cos animais. Para rematar, o colónbofilo, Luís Rey, explicounos un montón de cosas interesantes acerca das pombas menxaseiras. As costumes, o seu entrenamento, como conseguir unha campeona......E que mellor día que hoxe este para falar das pombas.