12/11/14

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

¿Por qué este Día internacional? Debido a que: A violencia contra a muller é una violación dos dereitos humanos A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto nas leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluidas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade A violencia contra as mulleres e as nenas puedese evitar. A prevención é posible e esencial A violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Hata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida. Esto é o que di a ONU e os motivos para celebrar este día.

14/10/14

PRIMEIROS DÍAS DA BIBLIO..

O día 1 de outubro abrimos a nosa biblio. Xa comezamos cunha morea de actividades. Como este ano o noso proxecto esta adicado aos paises do mundo fixemos un taller de banderolas, onde os rapaces tiñan que buscar datos sobre determinados países e escribilos en distintas banderolas. Con todas elas decoraremos os distintos espazos do cole.

10/9/14

BENVIDOS!!!!!!!!!!!!!

Benvidos nenos e nenas, xa comenzou un novo curso e como sempre cheo de novidades, novos libros, novas actividades......Esperamos que disfrutedes de todo o que os temos preparado.

20/6/14

O CELTIÑA 4º

Os alumnos de 4º,fixeron esta fermosa tarta, para celebrar o traballo realizado durante todo o curso sobre o Celta de Vigo.

O VAL DO FRAGOSO 1º

Os rapaces e rapazas de primeiro leváronos a dar unha volta polo val do Fragoso.Coñecemos o noso entorno máis próximo, que miotas veces é o gran descoñecido. Moi ben rapaces!

18/6/14

CITROEN VIGO 2º

Os alumnos de 2º na súa exposición do proxecto, falaron da Citroên, a nosa industrias máis importante, e mostráronnos esos vellos coches que xa forman parte da historia da nosa cidade.

CASCO VELLO 5ºA

Os rapaces de 5ºA dentro das exposicions do noso proxecto, leváronos a dar unha volta polo casco vello da cidade. Incluso fixeron unha paquena representación da loita contra os franceses na Reconquista.

O AEROPORTO 3º

O alumnado de terceiro traballou, dentro do noso proxecto, o aeroporto de Vigo, fixeron unha explendida exposición, ademáis do que aprenderon sobre a historia e utilidade do noso aeroporto, tamén confecionaron eles mesmos os vídeos que aparecen aquí.

Inazuma Eleven from convigotablets on Vimeo.

Os cans from convigotablets on Vimeo.

Colmillo Blanco from convigotablets on Vimeo.

Traballando con tabletas no CEIP Canicouva from convigotablets on Vimeo.

17/6/14

CAPITAN NEMO INFANTIL

Dentro do noso proxecto anual, os rapaces de infantil traballlaron sobre a ría de Vigo.

FRAN ALONSO

O venres dia 13 de xuño visitounos o escritor Fran Alonso. Os alumnos de primeiro traballaron o seu libro "O meu gato é un poeta" dentro dós itinerarios lectores. O autor falou de que a poesía, como os gatos, apoiase en catro "patas": palabras, maxía ,música e silencio.Además de firmar os seus exemplares, Fran Alonso eloxiou os rapaces pola adaptación teatral da súa obra. Moitas grazas Fran, esperamos verte moi pronto.

11/6/14

EXPOSICIÓN 6º

Os alumnos de 6º curso explicaron un montón de cousas interesantes acerca da nosa ría, tamén elaboraron un power point como axuda ás súas explicacións.

21/5/14

20/5/14

VAIA TROPA !!!!!!!

OS ALUMNOS/AS DE 4ºA-B INTERPRETAN POEMAS DO ABSURDO ESCRITOS POR ANTÓN CORTIZAS.

AS PRINCESAS DO CAUREL

OS ALUMNOS DE 3º RECITARON UN POEMA REDONDO ADAPTADO DO ORIXINAL A PRINCESA DO CAUREL...

O MEU GATO E UN POETA

Os nenos e nenas de 1º fixeron o que eles mesmos definen como "un recitado de poemas extravagante" tomando como base o libro de poemas de Fran Alonso "O meu gato e un poeta" e acompañados pola música da Orquesta Mastreta.

19/5/14

OS BICHIÑOS CANTAN

OS ALUMNOS DE 2ºA E 2ºB CANTAN POR SEPARADO DUAS CANCIONS DE PEQUENOS INSECTOS...QUE BEN A INTERPRETAN!!!

A SAIA DE CAROLINA

oS ALUMNOS/AS DE 5 ANOS BAILARON A CANCIÓN TRADICIONAL " A SAIA DE CAROLINA" CON MOITO XEITO...

16/5/14

OS NENOS DE 4 ANOS BAILAN ...

OS ALUMNOS DE 4 ANOS BAILAN:"QUE BAILE CON QUÉN?" E "O XOGO DA CARRASQUIÑA" TODO UN ÉXITO DE COREOGRAFÍA E RITMO.

O CAPITÁN NEMO NA RÍA DE VIGO

OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS INTERPRETARON O POEMA MUSICADO "O CAPITAN NEMO NA RÍA DE VIGO"

30/4/14

OS XIGANTES

Hoxe visitou o noso centro a compañia de teatro Miro Magariños, coa súa obra "Os Xigantes". Esta magnifica obra fixo as delicias do noso alumnado.No marco dunha carpinteria, tres terribles xigantes convírtense en mansos corderiños, a vista dos rapaces. Agradecemos a editorial SM. que o fixera posible. Esperamos volver veros.

24/4/14

CIDADES

DIA DO LIBRO 2014 ..

CELEBRAMOS O DÍA 23 DE ABRIL..Recitamos poemas do libro de Fran Alonso.."Cidades"...Os poemas recitados polos nenos e nenas acompañaronse de fotos de Vigo que os ilustraban: ruas, parques,porto,plaia, edificios,chuvia,mar....etc...poñen color as fermosas poesias.

21/3/14

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

Hoxe, 21 de marzo, celébrase o Día Internacional da Poesía. “La poesía es una de las expresiones más elevadas de la lengua y la cultura. Es la libertad absoluta del verbo y la creación, elemento constitutivo de la identidad y también, a menudo, ingrediente de la construcción de nuestra identidad personal, como la música, la danza o las artes plásticas. La poesía también es el lugar donde se forja el profundo vínculo entre diversidad cultural y diversidad lingüística. Por su sonoridad, sus metáforas y su gramática, el lenguaje poético constituye un sólido baluarte contra el empobrecimiento cultural y lingüístico del mundo. Gracias a una fecunda apropiación de la lengua, la creatividad poética enriquece el diálogo entre culturas, que es garante de la paz……” Estas son as palabras da Sra. Irina Bokova, directora Xeral da UNRESCO, conh motivo do día da poesía.

19/3/14

CINEFORUM GALEGO

XORNADAS DE CINE EN GALEGO NO CANICOUVA!!!!!!!!!!!!!! No Canicouva queremos achegar o cine galego aos rapaces/as, con este motivo celebraremos no vindeiro mes de abril o noso primeiro CINE FORUM en galego. Proxectaremos películas infantis de productoras galegas e feitas en Galicia ( a meirande parte delas). Os alumnos/as farán unha redaccción da película proxectada e a que sexa elixida como a mellor, publicarase na revista escolar.

28/2/14

ENTROIDO 2014

E esto é o que deu de sí o noso entroido vigués, cheo de forofos, avions, pesqueiras, coches, franceses, escudos humanos e turistas...... E algún que otro infiltrado. Desfilamos polas ruas do barrio, acompañados pola música da charanga. En fin toda unha festa!

25/2/14

OS MURAIS DO MEU COLE

Aquí podedes ver as fotografías que reflicten os traballos que imos facendo durante este curso. A meirande parte deles teñen que ver co proxecto deste ano: "Vigo a nosa cidade", pero tamén incluimos outros relativos a outras actividades,que resultan fermosas e interesantes.

MARÍA MENÉNDEZ-PONTE

O pasado venres visitounos María Menéndez-Ponte, a autora de Retoñito e creadora de Pupi, para ela ditos personaxes forman parte da súa familia. Explicou como a creatividade forma parte da súa personalidade dende que é cativa e como a imaxinación desbordada de rapaza meteuna en máis dun lío. Os rapaces disfrutaron coa presenza da autora e fixéronlle un sinfín de preguntas. Moitas grazas María, esperamos verte de novo.

29/1/14

DIA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Mañan celebramos o Día da Paz e a non Violencia. Este ano este día está adicado a Nelson Mandela. Aqui deíxovos este traballo realizado por Encarna Fernández da Escola de Educación Infantil Barrionovo (Arteixo, A Coruña)