30/3/20

DENDE A MIÑA CASA

Hola a todos!
Hoxe, dende a casa, onde siempre nos sentimos a salvo, pero ágora xa un poco fartos e as veces desanimados. Temos que ser pacientes e converter este peche en algo máis. Non deixes pasar as horas, aproveita para facer cousas que normalmente deixamos para despois. Le libros, fala cos teus pais, xoga cos teus irmáns, pasa un intre en silencio e sobre todo aprende a aburrirte.
 O aburrimento non é malo, non vos imaxinades a cantidade de historias fermosas que xurdiron do aburrimento. Crea as túas propias historias e ten paciencia con todos. Os malos momentos son menos malos se sabemos que deles podemos aprender algo. Que aprendiches ti?