21/12/12

POR FIN E NADAL

Isto foi o que deu de sí o noso festival de Nadal! Felices festas e entrade no novo ano con moitas ganas! Vemonos a volta. Tritongo e cia

19/12/12

GUIA DO NADAL 2012

nenos e nenas como todos os anos nesta datas, aqui vos quedan as miñas recomendacións de Nadal, aproveitade estes dias para gozar da lectura todo o que podais. Feliz Nadal e felices lecturas.

17/12/12

O RETORNO DO DETECTIVE AITOR PONCETE

 Hai   tres semanas os pequenos de primeiro recibiron unha invitación de Poncete para seren aprendices de detectives.
A invitación dicía o seguinte:
" Para ser un buen detective tres cosas has de tener: oído, vista y buena memoria".

Poncete visitounos tres veces. Na primeira proba, que tivo lugar na aula de informática, tiveron que amosar as súas destrezas auditivas, xogando a recoñecer sons.
Na segunda proba os pequenos puxeron de manifesto a súa agudeza visual, atopando os elementos do detective agochados pola aula e descifrando un código secreto. Ao rematar construíron unha lupa.
Na última proba tiveron que exercitar a memoria mediante o recitado dun poema e de varias probas máis que fixeron evidentes as habilidades memorísticas dos pequenos aprendices.

As probas de detectives remataron.....
¿Cando volveremos a ter noticias do noso amigo detective?

vitación

30/10/12

MAMASIÑA, QUE MEDO!

Neste tempo de Samaín, na nosa biblioteca tedes en exposición unha escolma de libros de medo. Os amantes deste xénero podedes botarlle un ollo, para así ter unha referenza para as vosas lecturas, pois estes exemplares ,pasado o mes de novembro, estarán xa á vosa disposición.

28/10/12

REAPERTURA DA NOSA BIBLIO

Como cada ano, con motivo do "Día das Bibliotecas Escolares", reabrimos a nosa biblioteca. Todos baixamos á "biblio" para recoller os nosos carnés de usuarios. O noso percorrido por escaleiras e corredores,foi amenizado pola "Banda de Tritongo" cunha cantiga de rap adicada á nosa mascota. Como o tema elixido para o noso proxecto documental deste ano é "Os animais", tivemos que abrirnos paso a través dun verdadeiro animalario para chegar "o zoo" no que quedou convertida a nosa biblioteca.

ANIMALARIO

Aquí tedes o marabilloso animalario confeccionado polas familias do noso colexio. Agradecemos moitísimo os traballos que fixestes. Sabemos que o tempo non abonda e que hai que adicarlle moito para facer estas marabillas. Grazas.

11/10/12

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Este ano comezamos coa formación dos axudantes de biblioteca, aquí van as normas que deben seguir. Esperamos que todos fagan un estupendo traballo!

27/6/12

AITOR PONCETE

O detective de Letras Aitor Poncete estivo xogando e traballando cos alumnos de primeiro...divertironse todos moito.

15/6/12

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Os rapaces de infantil de 5 anos B interpretaron una pequena obra teatral sobre a primavera.Coa chegada da choiva os vexetais nacen e crecen...Gustounos moito!!!

14/5/12

LETRAS GALEGAS

Xa estamos a investigar outra vez! Co ben que o fixestes a vez anterior, imos seguir investigando. Esta vez trátase do escritor homenaxeado con motivo das Letras Galegas, Valentín Paz Andrade. E moi sinxelo pero sen díbida aprenderedes moitas cousas sobre el. Se tedes algún problema, xa sabedes, pasade pola biblio.

8/5/12

LETRAS GALEGAS

Este é outra perte do magnífico traballo que fixeron os rapaces do colexio público Castelao de Rianxo, en torno a figura de Valentín Paz Andrade.

LETRAS GALEGAS

Este ano celebramos o 50 aniversario das Letras Galegas, o homenaxeado é o polifacético autor( escritor,xornalista, poeta, avogado, empresario....) Valentín Paz Andrade. Aquí queda unha das súas poesías.

27/4/12

DÍA DO LIBRO

Como xa sabedes, o longo desta semana, vimos celebrando o "día do Libro" aquí deixamos as actividades realizadas polos pequechos de 4 anos.
Primeiro escoitaron un conto, logo fixeron un conto propio, demostrando o moito que aprenderan.
Bravo por eles!

25/4/12

AITOR PONCETE NO DÍA DO LIBRO

O  pasado venres, Aitor Poncete deixounos no seu maletín un libro máxico para cada un de nós. Ao abrir o libro por completo, unha parte da historia desaparece!!!
Cada un de nós escribiu unha historia. Aínda que todas comezaban igual, resultaron  moi diferentes.
Onte , 23 de abril, celebramos o día do libro e cada un leu  a súa historia.
Tamén descubrimos a solución dunha adiviña que Poncete nos deixou escrita por detrás. Queres resolvela?
 Di así:

“Ten lombo e non anda,
ten follas e non é  planta.
Sabe moito e non fala.
Sabes xa que é?”

Deixámosvos unhas fotos dos nosos libros máxicos. Esperamos que vos gusten.

23/4/12

DÍA DO LIBRO

Aquí tendes un pequeno caderno para que investiguedes sobre o Día do Libro. Este pequeno traballo esta baseado en outros que atopei en internet, pero sobre todo nun muy similar feito por Julia Gonzalez. A quen lle dou as grazas.

16/4/12

TORPONCETE ATACA DE NOVO

Hoxe o detective Aitor Poncete, visitou os rapaces e rapazas de 1º.
Este curioso personaxe e un verdadeiro "león" que é quen de axudar os nenos/as a coñecer as letras.
No misterio de hoxe, os rapaces, atoparon no patio unha morea de flores ás que lles faltaban letras. Tiñan que arrincarlle un pétalo á flor e buscar as letras que faltaban para poder ler a palabra.
Xa está aquí a primavera que a todos nos alegra!


27/3/12

CONTACONTOS INFANTIL

Onte os nenos de infaltil tiveron a visita de dous contacontos, os rapaces disfrutaron moito coa actuación destes simpáticos personaxes. Volvede cando queirades!

21/3/12

DIA MUNDIAL DA AUGA

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a resolución, pola que o 22 de marzo de cada ano, declarabase o dia mundial da auga.Este acontecemento ven celebrandose desde o 1993. Xa que este ano o noso tema do curso e a auga,lembremos especialmente esta data.

13/3/12

EN MOVEMENTO........


Os pequerrechos de catro anos andan a traballar os medios de locomoción.
Eles, xunto cos seus pais, fixeron as seguintes marabillas. Contemplade.....

8/3/12

Recollemos de youtube este video do gran Kitaro Matsuri, compositor xaponés de fama internacional.

24/2/12

24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos o día da nosa poetisa, nacida un 24 de febreiro hai 175 anos.

"Adios ríos, adios fontes, adios regatos pequenos. Adios vista dos meus ollos non sei cando nos veremos." É un bo día para ler, cantar e recitar os seus poemas.

16/2/12

A bruxa regañadentes

Que conto máis bonito! A editorial OQO regálanos esta adaptación cinematográfica dun dos seus contos.

ENTROIDO

O venres, 17 de febreiro, a biblioteca estivo pechada, porque todos saímos  celebrar o entroido polas rúas de Castrelos. Os máis pequechiños foron bonecos de neve e feros piratas os de 1º e 2º curso. Un mar de peixes de 3º e 4º precedían a unha numerosa tripulación de mariñeiros de 5º e 6º.  

15/2/12

COMENZA O NOSO CURSO PASADIÑO POR AUGA



Comenzou o curso 2011-2012 e a biblioteca estaba pechada.Pasaron os primeiros días e xa tiñamnos ganas de ler. De súpeto chegou a chuvia. O colexio encheuse de nubes de autor e paraugas poetas. No chan una morea de pingas de auga levaban dereitiño a porta da biblioteca. Que estabá a pasar?


Cando estabamos no recreo abríronse as ventás da biblioteca e sonou a música. Nenas e nenos recitaban poemas e texto9s de sabios. Todos falaban de auga. Era o sinal de que a biblioteca abría a súa porta de pingas.E.....CADA PINGA CONTA UNHA HISTORIA.

8/2/12

VISITA DE MARÍA MENÉNDEZ

O venres día 10 nos visitou a escritora María Menéndez Ponte. Os nenos de segundo estiveron moi felices de recibila e fixéronlle moitas preguntas sobre os contos de Pupi é sobre Retoñito.

31/1/12

Fotos día da paz

No día da Paz, botamos voar un poema de Joan Manuel Serrat que mestura auga e pacifismo que,aínda que non o pareza, teñen moito en común. Todos lemos e ilustramos as estrofas nas follas de oliveira:

AUGA

Se o home é un pobo
a auga é o mundo.

Se o home está vivo
a auga é a vida.

Se o home é un neno
a auga é Paris.

Se o home a pisa
a auga salpica.

Coidaa
como coida ela de ti.

Brinca,molla,va, lava,
auga que vés e vas.
Río, escuma,choiva.néboa,
nube, fonte,xeo,mar.

Auga,lama no camiño,
auga que esculpes paisaxes,
auga que moves muiños.
Ai auga!, que me da sede nomearte,
auga que lle podes ao lume,
auga que aburatas a pedra,
auga que estás nos ceos
como na terra.                                                           
                                                 
                                                                                                                                                            
                                                                                           
              
                                

30/1/12

Dia da paz no noso Cole......

 No cole celebramos a PAZ o día venres 30 de Xaneiro. Primero asistimos a unha proxección  de Ventura Pérez Mariño sobre Pozos de agua do Camerún,(ONG POZOS DE AGUA MAYO REY).Despois "El agua es la fuente de vida" experiencias aportadas por dona ANDREA FREDERIQUE.

27/1/12

Visita de Anxo Fariña

Anxo Fariña.
O escritor dos Megatoxos estivo cos alumnos de 5º e 6º na nosa biblioteca. Os alumnos fixéronlle moitas preguntas sobre a sua obra.