O pasado venres, Aitor Poncete deixounos no seu maletín un libro máxico para cada un de nós. Ao abrir o libro por completo, unha parte da historia desaparece!!!
Cada un de nós escribiu unha historia. Aínda que todas comezaban igual, resultaron moi diferentes.
Onte , 23 de abril, celebramos o día do libro e cada un leu a súa historia.
Tamén descubrimos a solución dunha adiviña que Poncete nos deixou escrita por detrás. Queres resolvela?
Di así:
“Ten lombo e non anda,
ten follas e non é planta.
Sabe moito e non fala.
Sabes xa que é?”
Deixámosvos unhas fotos dos nosos libros máxicos. Esperamos que vos gusten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario