22/3/13

VISITA ANA ALONSO

Onte estivo con nós a escritora Ana Alonso.
Foi unha visita estupenda, onde os rapaces aprenderon moitas cousas sobre os nosos antergos. A autora contestou todas as preguntas dos rapaces e tamén asinoulles os seus exemplares. A visita foi adicada os rapaces de 5º 6º e 2º, xa que a súa obra forma parte dos seus itinerarios lectores.
Para os que queirades saber algo máis sobre esta interesante autora, aqui  vos deixo a súa biografía.

 Ana Alonso (Terrasa 1970) Escritora, tradutora, bióloga e profesora de secundaria, residiu durante a mairande parte da súa vida en León. Licenciouse en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de León e ampliou os seus estudos en Escocia e París.Ten publicados oito poemarios e, entre outros, recibiu Premio de Poesía Hiperión (2005) o Premio Ojo Crítico de Poesía (2006) e, recentemente, o Premio Antonio Machado en Baeza (2007) e o Premio Alfons el Magnànim Valencia de poesía en castelán (2008). Tamén  traduciu alguns clásicos británicos e americanos.O seu último libro publicado é Versos piratas, piratas en verso (Anaya, 2009).

6/3/13

FORMACION DOCUMENTAL

Presentación para aprender a buscar na rede con eficiencia elaborada por Charo Sánchez e Olga Díaz.