3/2/23

A CIENCIA NA VIDA DIARIA

 Onte, 2 de febreiro, visitounos unha científica moi especial .Esta nova, profesora na Universidade e completando os seus estudos para o doutoramento, foi alumna do cole. Estefanía, (case doutora en ciencias do mar )ensinoulle ao noso alumnado especímenes a través do microscopio, ademais de falarlles do coidado ambiental. Foi moi entretido e didáctico. Moitísimas grazas Estefanía. Esperamos que volvas visitarnos. Un orgullo para o colexio ter exalumnos como ti.



CIENCIA EN LA VIDA DIARIA - Kizoa Movie Maker

2 DE FEBRERO- DÍA DA CANDELARIA

Coa iniciativa do Equipo de Dinamización Lingüistíca,  desde a Biblioteca queremos axudar difundir a festa da Candelaria, de fondo arraigamento en Galicia. Aquí queda o enlace a lingoreteir@s onde descubriredes máis acerca desta festa.

30 ENERO DÍA DA PAZ

Este curso traballamos a Paz ao redor de Picasso. A través de estas dúas obras que reflicten tanto as consecuencias da guerra, maxistralmente plasmadas en ese berro de dor que é o Guernica, e a pomba da paz que se converteu nun símbolo internacional e que foi case unha obsesión para Picasso. Os nenos cubriron o cole con pombas cheas de palabras de esperanza.