27/4/18

MURALES DÍA LIBRO

Como sempre a nosa AMPA, adornou os pasillos e o patio do noso cole. Moitisimas grazas por un traballo tan fermoso!!!!

CITA A CEGAS CUN LIBRO

 Dentro da semana do libro, ademais de "Ler, Naturalmente ", puxemos en marcha a actividade "Cita a cegas cun libro".
Foi todo un exito, parece que a priori os rapaces enamoráronse do seu libro, esperamos que o idilio dure para sempre!!

24/4/18

LER, NATURALMENTE!!!!

Coa actividade, LER,NATURALMENTE!!! celebramos o Día do Libro. Aproveitamos o bo tempo e fomos a ler ó parque de Castrelos. Toda unha delicia, o noso alumnado disfrutou moito de facer a Hora de Ler no parque.

23/4/18

DÍA DEL LIBRO

SOMOS LIBROS
Somos personaxes descubríndonos a nós mesmos capítulo a capítulo, escena a escena,sen saber onde nos levará a trama. Somos frases, quizais sen sentido, ou verbos dos que, ás veces, nos enorgullecemos. Somos as comas que nos fan soñar ao longo do camiño. Interrogantes que nos fan reflexionar. Somos punto e aparte. Pero, sobre todo, somos sempre a esperanza dunha páxina en branco, porque unha páxina na que escribir é a única forma de saber como seguir adiante.


#somoslibros
Abacus cooperativa

12/4/18

O LAPIS DE ROSALÍA

Antón Cortizas visitounos na Biblioteca e falou moito de Rosalía e o seu lápiz máxico. Igualiño a uno que trouxo o autor e que provaron os nenos... Tamén fixeron bolboretas de cores..Que divertido!!!