SOMOS LIBROS
Somos personaxes descubríndonos a nós mesmos capítulo a capítulo, escena a escena,sen saber onde nos levará a trama. Somos frases, quizais sen sentido, ou verbos dos que, ás veces, nos enorgullecemos. Somos as comas que nos fan soñar ao longo do camiño.
Interrogantes que nos fan reflexionar.
Somos punto e aparte. Pero, sobre todo, somos sempre a esperanza dunha páxina en branco, porque unha páxina na que escribir é a única forma de saber como seguir adiante.
#somoslibros
Abacus cooperativa
No hay comentarios:
Publicar un comentario