6/12/18

O MES DE NOVEMBRO ADICÁMOLO AO MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA.
ESTES FORN OS RESULTADOS

31/10/18

SAMAIN

Chega o Samain!!!!
 Aquí déixovos este cartel inspirado na publicidade dunha coñecida marca de cervexa, que este ano faise eco dos mitos do Samaín!



30/10/18

MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA














Como xa fixemos o curso pasado, imos adicar o mes de novembro, a ciencia na biblioteca. Déixovos este enlace para que poidades buscar experimentos para realizar na casa e tamén no cole. Elexide algún e vinde a biblioteca a contarnolo!

www.orientacionandujar.es/2017/02/18/manual-50-experimentos-todos-los-cursos-primaria-la-ciencia-puede-divertida/

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Con motivo do Día Internacional das Bibliotecas Escolares, inaguramos as actividades da nosa biblioteca e celebrámolo como cada ano, con apadriñamentos lectores. Esta actividade encántalle tanto aos padriños como aos afillados!

16/5/18

MªVICTORIA MORENO

Aqui tendes o particular homenaxe a MªVictoria Moreno da A banda da Loba,canción inspirada na novela ANAGNÓRISE

4/5/18

LETRAS GALEGAS

Este ano dedícase as Letras galegas a María Victoria Moreno. FUXAN OS VENTOS  póñenlle música a un dos seus poemas.

27/4/18

MURALES DÍA LIBRO

Como sempre a nosa AMPA, adornou os pasillos e o patio do noso cole. Moitisimas grazas por un traballo tan fermoso!!!!

CITA A CEGAS CUN LIBRO

 Dentro da semana do libro, ademais de "Ler, Naturalmente ", puxemos en marcha a actividade "Cita a cegas cun libro".
Foi todo un exito, parece que a priori os rapaces enamoráronse do seu libro, esperamos que o idilio dure para sempre!!

24/4/18

LER, NATURALMENTE!!!!

Coa actividade, LER,NATURALMENTE!!! celebramos o Día do Libro. Aproveitamos o bo tempo e fomos a ler ó parque de Castrelos. Toda unha delicia, o noso alumnado disfrutou moito de facer a Hora de Ler no parque.

23/4/18

DÍA DEL LIBRO

SOMOS LIBROS
Somos personaxes descubríndonos a nós mesmos capítulo a capítulo, escena a escena,sen saber onde nos levará a trama. Somos frases, quizais sen sentido, ou verbos dos que, ás veces, nos enorgullecemos. Somos as comas que nos fan soñar ao longo do camiño. Interrogantes que nos fan reflexionar. Somos punto e aparte. Pero, sobre todo, somos sempre a esperanza dunha páxina en branco, porque unha páxina na que escribir é a única forma de saber como seguir adiante.


#somoslibros
Abacus cooperativa

12/4/18

O LAPIS DE ROSALÍA

Antón Cortizas visitounos na Biblioteca e falou moito de Rosalía e o seu lápiz máxico. Igualiño a uno que trouxo o autor e que provaron os nenos... Tamén fixeron bolboretas de cores..Que divertido!!!

8/3/18

DÍA DA MULLER

Hoxe celebramos o día da muller, con grandes movilizacións e mais implicación cidadana que nunca. Que non decaiga! Así celebraba fai uns anos,este día o humorista Forges, que desgraciadamente, deixóunos fai pouco tempo:

23/2/18

DÍA DE ROSALÍA

Desde EDGL, os alumnos de 2º curso realizaron estes muraís. Además Iria púxolle voz a este fermoso poema.