Este Nadal celebrámolo no Camiño!
21/12/21
17/12/21
14/12/21
CAMPAÑA NAVIDEÑA
Un ano mais participamos na recollida de alimentos de AFAN. Queremos chegar a tonelada de alimentos recollidos, pero no o podemos facer sen a túa axuda, neste Nadal sexamos solidarios e xenerosos!!!! bo Nadal!!!!!! e .....Bo camiño!!!!!!!
1/12/21
O CAMIÑO DE SANTIAGO
".....O fenómeno xacobeo segue inspirando a centos de escritores que, dende a ficción, a reportaxe, o ensaio ou a poesía, recrearon e recrean o Camiño, os seus enigmas, os seus encantos.
Xa na Idade Media, no século XII as peregrinacións a Compostela achábanse nun dos momentos de maior auxe. Miles de peregrinos cruzaban os Pirineos, para chegar ata o sartego do apóstolo Santiago, en Galicia. Eran xentes moi distintas que se sentían irmanadas por unha fe inquebrantable, a cal lles permitía aturar perigos e penalidades sin conto.
A ruta que ía a Compostela era un camiño de fe e aventuras; pero tamén era una vía onde se intercambiaban costumes e ideas e se enriquecían coñecementos.. No camiño de Compostela iniciouse a unidade de Europa. A causa da grande afluencia de peregrinos, fundáronse hospitais e mosteiros, alzáronse igrexas e hospedaxes, construíronse pontes e calzadas....
Pero sobre todo, unificouse e difundiuse a cultura: o románico chegou a España, dende as afastadas terras de Francia, da man dos monxes de Cluny, que se estableceron o longo do camiño xacobeo. Por esta misma ruta chegou a EUROPA gran parte da obra dos antigos autores gregos, recompilada por árabes e vertída logo ao latín na Escola de Traductores de Toledo..."
Deste xeito CONCHA LÓPEZ NARVÁEZ, comeza o seu libro Endrina e o segredo do peregrino.
Fermoso libro de aventuras que poderán disfrutar os rapaces ó tempo que aprenden acerca desta ruta milenaria que forma parte da nosa cultura.
BO Camiño !
26/11/21
MES DA CIENCIA INF 5 AÑOS A
O noso alumnado tómase a ciencia moi en serio. Mirade a estes xenios de 5 anos!!!!!!!!
25 NOVEMBRO , EDUCANDO EN IGUALDADE
Aproveitando a celebración do 25 de novembro, desde a biblioteca queremos remarcar a importancia de educar en igualdade.
Basamonos no texto titulado "LA IGUALDAD ENTRE CHICOS Y CHICAS NO ES NINGUNA BROMA" de Sandra Laboucare y Stéphanie Duval, un libro marabilloso e moi sinxelo, onde os nenos poden reflexinar sobre cuestións aparentemente sen importancia, pero que son fundamentais para axudar a cambiar mentalidades.
19/11/21
1/11/21
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA
Como cada ano en novembro dedicamos este mes á ciencia. Este curso non faremos tantos experimentos, mais ben nos dedicaremos a relacionar noticias científicas de actualidade co propio currículo dos nenos.
Esperade e veredes
27/10/21
5/10/21
O CAMIÑO DE SANTIAGO
Este curso traballaremos sobre O Camiño de Santiagio. Aprenderemos unha infinidade de cousas relacionadas con el. Camiño de cultura, tradición e experiencias persoais.
O camiño é algo moi noso, ademais de ter unha enorme proxección no mundo, por tanto , sintámonos orgullosos e comecemos.
Bo camiño!!!!!!!
13/9/21
BENVIDOS!!!!!!
Un curso mais, comezamos! Esperamos que todos veñades cheosm de ilusión para afrontor o reto de un novo curso. Pola nosa banda estamos encantados de estar de volta.
Bicos tritonudos
25/6/21
GRADUACIÓN 6º
Como cada ano chegou o momento de dicirvos adeus. Despois de tantos anos, case toda a vosa vida, temos que deixarvos ir. Desexámosvos toda a sorte e a felicidade do mundo.
Non nos esquezades! Ata sempre!
graduación 6º 2021 - Kizoa Movie Maker
graduación 6º 2021 - Kizoa Movie Maker
18/6/21
PARÍS: ORIXE DO CINEMA
Os nenos/ as de 6º de infantil realizaron esta pequena montaxe, onde relacionan o nacemento do cinema en Paris, coas películas de animación que teñen como protagonista está fermosa cidade.
16/6/21
QUE SABEMOS DO CINE?
O alumnado de tres anos ensínanos todo o que aprenderon do cine! Miúdos expertos!!!!!!!
15/6/21
9/6/21
21/5/21
ANXO MOURE "O CARBALLO CON BOTAS"
Onte visitounos Anxo Moure. Contoulle ao noso alumnado o seu conto "O carballo con botas".
O CARBALLO CON BOTAS - Kizoa Movie Maker
O CARBALLO CON BOTAS - Kizoa Movie Maker
20/5/21
12/5/21
27/4/21
DÍA DO LIBRO
Este ano para celebrar o día do libro, os rapaces de infantil fixeron estes marcapáxinas .
O alumnado de primaria viu unha película baseada nun libro. Ademáis os libros tiñan que xogar un papel importante na película.
Escollimos Matilda de Roald Dahl e A ladrona de libros de Markus Zusak. Ambas foron un gran éxito.
DIA LIBRO21 - Kizoa Movie Maker
DIA LIBRO21 - Kizoa Movie Maker
24/3/21
DÍA DA MULLER 2021
No Día da Muller, queremos adicar a nosa celebración ao cine, traballando sobre estas mulleres de película.
Día da Muller 21 - Kizoa Movie Maker
Día da Muller 21 - Kizoa Movie Maker
2/2/21
DÍA DA PAZ
Con motivo do Día da Paz, fixemos entre todos estas ás. Queríamos reflexar o importante que é a posibilidade de expresarnos libremente, de probar ata onde podemos chegar.
Paz 21 - Kizoa Movie Maker
Paz 21 - Kizoa Movie Maker
Suscribirse a:
Entradas (Atom)