No día da Paz, botamos voar un poema de Joan Manuel Serrat que mestura auga e pacifismo que,aínda que non o pareza, teñen moito en común. Todos lemos e ilustramos as estrofas nas follas de oliveira:
AUGA
Se o home é un pobo
a auga é o mundo.
Se o home está vivo
a auga é a vida.
Se o home é un neno
a auga é Paris.
Se o home a pisa
a auga salpica.
Coidaa
como coida ela de ti.
Brinca,molla,va, lava,
auga que vés e vas.
Río, escuma,choiva.néboa,
nube, fonte,xeo,mar.
Auga,lama no camiño,
auga que esculpes paisaxes,
auga que moves muiños.
Ai auga!, que me da sede nomearte,
auga que lle podes ao lume,
auga que aburatas a pedra,
auga que estás nos ceos
como na terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario