25/2/14

MARÍA MENÉNDEZ-PONTE

O pasado venres visitounos María Menéndez-Ponte, a autora de Retoñito e creadora de Pupi, para ela ditos personaxes forman parte da súa familia. Explicou como a creatividade forma parte da súa personalidade dende que é cativa e como a imaxinación desbordada de rapaza meteuna en máis dun lío. Os rapaces disfrutaron coa presenza da autora e fixéronlle un sinfín de preguntas. Moitas grazas María, esperamos verte de novo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario