12/12/17
22/11/17
CIENTÍFICOS TRITONUDOS
No mes da ciencia, os rapaces presentaron os seus experimentos na biblioteca.
21/11/17
17/11/17
DESAFÍO MATEMÁTICO
Todos estes problemas estan sacados do libro de Gregory Oster: "El gran libro de las matemáticas del Ogro feroz"
15/11/17
NOVEMBRO MES DA CIENCIA
Aquí tendes unha morea de experimentos que podedes realizar ( realizados por Ceip. Vicente Otero Valcarcel), fala con Tritongo, propón o teu e farémolo!
14/11/17
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA
Este mes,como xa sabedes, estamos a celebrar o mes da ciencia na biblioteca. Deixovos este enlace ,no que podedes encontrar un monton de actividades divertidas e moi instructivas. Adiante!!!!http://usaelcoco.blogspot.com.es/
10/11/17
MES DA CIENCIA
DICCIONARIOS
Aquí deixo este incrible traballo realizado por o IES. Porto do Son sobre os diccionarios
3/11/17
1/11/17
31/10/17
SAMAÍN
Xa estamos no Samaín, nestas datas toca falar de cabazas, esqueletes e demais aparato terrorífico. Aquí déixovos estes recursos do Ceip. Pio XII. moitas grazas a oseu departamento EDL.
div style="width: 100%;">
24/10/17
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Como cada ano para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, celebramos a actividade de padriños e madriñas lectoras.
23/10/17
18/10/17
SEMANA MUNDIAL DA ALFABETIZACIÓN EN MEDIOS E INFORMACIÓN
Do 25 de outubro ó 1 de novembro celébrase a Semana Mundial da Alfabetización en medios e Información (AMI) a proposta da UNesco.
Chéganos desde BE a seguinte información.
A UNESCO propón a celebración da Semana Mundial da Alfabetización dos Medios de Comunicación e da Información (MIL) 2017, a #GlobalMILWeek como un medio para visibilizar as experiencias en materia de educación nas linguaxes dos diferentes medios de comunicación, nun contexto de alfabetizacións múltiples e coa intención de formar ao alumnado como consumidores pero, especialmente, como produtores de información a través dos diversos medios de comunicación: prensa, radio, televisión, vídeo, fotografía, audio, produtos transmedia, internet...
A IFLA (International Federation of Library Associations and Institutions) publicou hai un tempo esta infografía na que se lembran algúns aspectos a ter en conta á hora de valorar a información e a fiabilidade das noticias: How To Spot Sake News
Traducida ao galego, lembrámola nestes comezos de curso como unha ferramenta para a imprescindible alfabetización en información, na que podemos ir introducindo ao alumnado desde ben pequenos, e aproveitando o interese polos temas que xorden no medio ou no transcurso das investigacións que realicen nas diferentes fases dos seus traballos. (Agradecemos a Manuel Iglesias Fernández a tradución ao noso idioma).
17/10/17
CONCURSO DE SAMAÍN
11/9/17
FELIZ VOLTA AO COLE
26/6/17
22/6/17
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
Os alumnos de 3º asistiron na Biblioteca a unha sesión de Animación a Lectura sobre a novela "La escuela de los piratas" da Editorial Edebé. Xogaron as adiviñas e fixeron xogos de mímica de escenas do libro de piratas...que divertido!!!
POESÍA 2º
Os alumnado de 2º este curso traballaron a poesía a ademais de ser unhos grandes poetas, recitan de maravilla. Así o demostraron recitando para todos unhas poesías de "Vaia Tropa" de Antón Cortizas
20/6/17
A LECTURA...FACTOR DE CAMBIO
Hai distintas experiencias que poden xerar cambios cerebrais positivos. Unha delas é a lectura e provoca modificacións fascinantes. Así comeza este interesante artigo, que fala dos grandes cambios que produce a lectura no noso cerebro e nas nosas emocións. É fascinante o que ler un libro pode producir en nos......
https://lamenteesmaravillosa.com/los-impresionantes-cambios-cerebrales-cuando-lees/
MITOS GREGOS
O alumnado de 3º de primaria,ofreceunos hoxe, unha magnífica exposición sobre mitoloxía. Cada rapaz, metéuse na pel dun deus. Faláronnos dos seus poderes e das súas debilidades. Ben feito rapaces!
16/6/17
AS FÁBULAS...PDI. 1º PRIMARIA
Os alumno/as de 1ºA-B presentaron o seu Proxecto de Investigación sobre as Fábulas e narraron a Fábula do "León e o rato"..gustounos moitoooo!!!!
15/6/17
9/6/17
8/6/17
5/6/17
ANIMACIÓN A LECTURA
Un conto dramatizado:Os tres irmáns buscan fortuna axudados pola vella do bosque.
Os alumnos-as de 6º inventaron unha historia de medo con final feliz, acompañados por SABELA GAGO. Unha interesante actividade de Animación a lectura na que colabora a editorial S.M.
26/5/17
25/5/17
OS CONTOS ..ED. INFANTIL
Os nenos e nenas de E: Infantil presentaron o PROXECTO DE INVESTIGACIÓN sobre Os Contos...Investigaron o seu orixe,que é un conto,que partes ten,persoaxes típicos dos contos, que tipos de contos hai é moitas máis cousas.E para rematar cantaron unha canción de contos:"El lobito bueno".Qué ben o fixeron!!!
19/5/17
E COUSA DE CÓMIC
Os nenos e nenas de 6º representaron seis histórias de cómic:As irmás Gilda,Zipi y Zape,A señorita Ana,Carioco, Ambrosio Carabino e Don Pelmazo..
18/5/17
AS LARANXAS MAIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS
Os alumnos e alumnas de 4ºA representan a obra de Carlos Casares dirixidos pola sua titora Mercedes Domínguez. Unha simpática obra cunha marabillosa posta en escea.
2/5/17
UNHA AVENTURA NA BIBLIOTECA
Esta é a historia escrita polo alumnado de primaria. Imos mergullar nuha biblioteca trepidante e chea de aventuras!
UN AMIGO ESPACIAL
Este libro foi realizado de maneira conxunta por todo o alumnado de infantil. Con eles viaxaremos aos confíns do espacio e descubriremos a un amigo moi "espacial"
25/4/17
DIA INTERNACIONAL DO LIBRO:UNHA AVENTURA NA BIBLIOTECA
Hoxe os alumnos-as do Colexio asistiron a lectura do Conto Colectivo realizado por eles mesmos:Unha aventura na biblioteca. A lectura a fixeron alumnos de 5º curso ...gustounos moito esta divertida aventura!!!!E deste modo celebramos o día do libro.
ALMA Y LA ISLA
A escritora Mónica Rodríguez visitou o noso centro para falar cos rapaces e rapazas de 5º sobre a súa obra "Alma y la isla" que obtivo o premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil.
Os rapaces quedaron moi impresinados coa obra, que trata a inmigración de un xeito realista e conmovedor.
23/4/17
21/4/17
DÍA DO LIBRO
Xa esta chegando!
Xa está aquí!
O domingo 23 de abril,celebrarase o día do libro, e como cada ano preparámonos para iso.
Ademais contamos coa achega que cada ano realizan as fabulosas nais do ANPA, que non deixan de sorprendernos. Deixaron as nosas escaleiras así de chulas!!!
Moitísimas grazas polo voso traballo.
5/4/17
CHUS PEREIRO
Onte visítounos Chus Pereiro, foi unha ocasión moi especial, xa que, ademais de ser unha grande escritora foi a nosa compañeira durante moitos anos.
Co seu "Restaurante Farruco" os nenos de 4ºB réndenlle unha sentida homenaxe.
2/4/17
30/3/17
TALLER DE POESÍA
Este trimestre o alumnado de 2º, dirixidos polas encargadas da biblioteca, realizaron un taller de poesía...Varias sesións nas que inventaron, dibuxaron e sobre todo rimaron..
23/3/17
8/3/17
MULLER E LITERATURA
Con motivo do día da muller traballadora, escollemos un grupo de escritoras que podían ser significativas para o noso alumnado. Tanto nacionais como extranxeiras, do pasado e do presente....
Tratábase de averiguar os datos que faltaban no noso panel e completalo. Ademais puxemos a súa disposición unha selecció de libros escritos polas autoras.
14/2/17
LEDICIA COSTAS
Hoxe visitounos a escritora Ledicia Costas. Fixemos un amplo percorrido polo inframundo, coñecendo mellor aos seus habitantes. Os noso guias foron, como non, Román e Escarlatina.
Esta é a segunda vez que Ledicia visita a nosa escola , esperamos q non sexa a última. Sempre nos fai disfrutar cos seus libros e as súas variopintas historia de mascotas e avóas galegas.
Moitas grzas Ledicia e hasta a próxima:
2/2/17
ANA ALCOLEA VISITA OS NENOS/AS DE 2º
Ana Alcolea, escritora e gañadora do PREMIO CERVANTES CHICO 2016 visitou o noso cole o pasado mércores.
Veu comentar cos rapaces/zas de 2º o seu libro "El abrazo del árbol".Tanto nenos/as como a escritora, estiveron encantados co encontro.
Falaron do libro, da súa traxectoria e de mil cousas máis.....
31/1/17
DÏA DA PAZ E A NON VIOLENCIA
Onte 30 de xaneiro, con motivo da celebración do día da paz, achegouse ao noso cole o escritor e debuxante Pepe Carreiro.
Autor sobradamente coñecido polos nosos alumnos, fíxonos pasar un rato muy agradable mentres contaba anécdotas e debuxaba a paz co seu máxico rotulador.
20/1/17
DIA DA PAZ E A NO VIOLENCIA
Xa que estamos a falar de paz, comecemos pola escola. Langui lanza este video contra a violencia escolar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)