15/4/13

O PRINCIPIÑO: 70 ANOS LONXE DO ASTEROIDE B612

Este ano celébrase o 70 aniversario da publicación dunha das obras máis importantes da literatura universal: "O Principiño" de Antoine- Saint Exupéry. Este home non só escribiu un dos mellores libros infantís, senón que el mesmo tivo unha vida propia dun libro de aventuras. Recoñecido piloto e pioneiro da aviación moderna, tivo paralelamente unha carreira como escritor que comezou mentres vivía na Arxentina. Durante a súa vida como piloto tivo varios accidentes aéreos, sendo o máis coñecido o sucedido o 30 de decembro de 1935, cando o seu avión caeu no deserto do Sahara e el e máis o seu compañeiro lograron sobrevivir ao impacto. Catro dias despois, xa a piques de morrer pola falta de auga, foron rescatados por un beduino. Desta durísima experiencia, xurdirá a súa obra máis coñecida e fermosa, O Principiño. Foi publicada no 1943. Aínda que se trata dun libro infantil, a crítica sempre o considerou un grande traballo sobre a natureza humana. Esta fermosa obra deixounos algúns dos pensamentos máis profundos á vez que sinxelos da literatura universal, como : "Non era máis cun raposo, semellante a cen mil outros. Pero eu fíxeno meu amigo e agora é único no mundo" , "Non se ve ben senón co corazón, o esencial é invisible aos ollos" ou "Terei que soportar a dúas ou tres eirugas se quero coñecer as volvoretas"

No hay comentarios:

Publicar un comentario