17/4/20

DÍA DO LIBRO

Este ano o Día do libro vai ser un pouco especial. Non podemos ler no parque ,nin tampouco no patio do cole, pero imos celebralo igual. Pedide aos vosos pais que vos fagan unha foto lendo. Elixe un recuncho da casa onde te sintas a gusto e un libro que che leve moi lonxe. Ponte creativo coa foto ou non.... pero faina con ilusión e mándalla a teu o túa profe o  a  bibliotritongo@gmail.com
Espero que esteades todos ben e desexovos unhas moi felices lecturas. Bicos tritonudos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario