29/4/13
VISITA GRANXA DE VACAS
Neste curso os nenos/as de 3º traballamos dentro do tema dos animais:A VACA.
O día 19 de abril visitamos unha explotación gandeira en Viascón (Cotobade);tocamos as vacas, démoslles de comer ......pasámolo XENIAL.
26/4/13
FINA CASALDERREY
O pasado martes día 23 de abril visitou a nosa biblioteca Fina Casalderrey.Os alumnos de 3º a recibiron con moito entusiasmo. Presentaron a autora explicando a súa biografía. Motivou os nenos a letura, creou unha atmósfera de maxia e fantasía...os nenos disfrutaron con ela e para rematar firmou os libros de " O misterio da casa do Pombal".Moitas grazas. Esperamos verte pronto!!!
PRINCIPIÑO
O pasado martes celebramos o Día Internacional do Libro, facendo unha letura de "O Principiño", durante a hora de ler, en todas as aulas leron os primeiros cápitulos deste fermoso libro, de Antoine Saint-Exupéry.
Este mes, desde a biblioteca, adicamos diversas actividades, ó autor e a súa novela "O principiño"
24/4/13
DIA DO LIBRO 23 ABRIL
Marcapáxinas de animais, de insectos varios, vacas...deseñados polos nenos nun día tan especial como o Día 23 de Abril día do Libro.Un recordo moi creativo para este día.Unha iniciativas conxunta entre a biblioteca e o departamento de inglés.
MAXIA E MÁIS MAXIA CON AITOR PONCETE
Aitor Poncete deixou un misterio para conmemorar o Día do libro. Os nenos e nenas de primeiro escribiron un conto disparatado e un libro máxico de adiviñas.
18/4/13
ANTOINE SAINT-EXUPERY
Para saber mais sobre o noso autor do mes aquí tendes este pequeño traballo de investigación.
15/4/13
O PRINCIPIÑO: 70 ANOS LONXE DO ASTEROIDE B612
Este ano celébrase o 70 aniversario da publicación dunha das obras máis importantes da literatura universal: "O Principiño" de Antoine- Saint Exupéry.
Este home non só escribiu un dos mellores libros infantís, senón que el mesmo tivo unha vida propia dun libro de aventuras. Recoñecido piloto e pioneiro da aviación moderna, tivo paralelamente unha carreira como escritor que comezou mentres vivía na Arxentina.
Durante a súa vida como piloto tivo varios accidentes aéreos, sendo o máis coñecido o sucedido o 30 de decembro de 1935, cando o seu avión caeu no deserto do Sahara e el e máis o seu compañeiro lograron sobrevivir ao impacto. Catro dias despois, xa a piques de morrer pola falta de auga, foron rescatados por un beduino. Desta durísima experiencia, xurdirá a súa obra máis coñecida e fermosa, O Principiño.
Foi publicada no 1943. Aínda que se trata dun libro infantil, a crítica sempre o considerou un grande traballo sobre a natureza humana.
Esta fermosa obra deixounos algúns dos pensamentos máis profundos á vez que sinxelos da literatura universal, como : "Non era máis cun raposo, semellante a cen mil outros. Pero eu fíxeno meu amigo e agora é único no mundo" , "Non se ve ben senón co corazón, o esencial é invisible aos ollos" ou "Terei que soportar a dúas ou tres eirugas se quero coñecer as volvoretas"
12/4/13
GRAN TESOURO DAS LETRAS PERDIDAS
TARARI-TARARI, POM POM...........
O vindeiro sábado ,día 20, no cole, o ANPA ( dentro do programa ANPAS en Rede) organiza unha actividade para conmemorar ou Día Internacional do Libro que, como cada ano, celébrase o 23 de abril.
Organizarase : " O Gran Xogo do Tesouro dás Letras Perdidas"
O Xogo consta dun gran taboleiro con diversas probas. Faremos grupos de nenos/as de idades variadas.Traballaremos a creatividade, a imaximación, comprensión letora, fomentando en todo momento a paixón pola letura......
A actividade e para todos os nenos/ as do cole, socios ou non, acompañados dun adulto.
E necesario que vos inscribades nesta actividade , e podedes facelo ata o venres dia 19 as 10 horas na oficina do ANPA.
11/4/13
ROSALIA, UNHA MENIÑA
Dous narradores viñeron o cole para presentarnos a infancia e xuventude da nosa admirada, escritora e poetísa Rosalía de Castro.
Entre música e poesía, os rapaces aprenderon o tempo que se divertiron.
10/4/13
UNHA DE CONTOS
O grupo Consorcio Editorial, mandaron o noso cole un contacontos. O protagonista indiscutible foi o burro, desde as súas orixes. O onagro mesopotámico, pasando por distintas fábulas. O fio conductor foi Gianni Rodari.
Os rapaces disfrutaron moito deste simpático contacontos. Esperamos volver a verte pronto.Hasta sempre!
2/4/13
DÍA INTERNACINAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Hoxe, día 2 de Abril, celebrámos o día internacional do libro Infantil e Xuvenil,para conmemorar a data na que naceu o célebre escritor danés Hans Christian Andersen, autor de obras tan coñecidas como 'O patito feo', 'a Sirenita' ou 'Hansel e Gretel'.
Ademais, a intención deste festexo é fomentar a lectura entre os máis pequenos da casa.
Para que disfrutedes cos contos, aquí déixovos dous , editados pola editorial OQO.
Os sete cabritillos
Fiz, coleccionista de medos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)