Este Nadal celebrámolo no Camiño!
21/12/21
17/12/21
14/12/21
CAMPAÑA NAVIDEÑA
Un ano mais participamos na recollida de alimentos de AFAN. Queremos chegar a tonelada de alimentos recollidos, pero no o podemos facer sen a túa axuda, neste Nadal sexamos solidarios e xenerosos!!!! bo Nadal!!!!!! e .....Bo camiño!!!!!!!
1/12/21
O CAMIÑO DE SANTIAGO
".....O fenómeno xacobeo segue inspirando a centos de escritores que, dende a ficción, a reportaxe, o ensaio ou a poesía, recrearon e recrean o Camiño, os seus enigmas, os seus encantos.
Xa na Idade Media, no século XII as peregrinacións a Compostela achábanse nun dos momentos de maior auxe. Miles de peregrinos cruzaban os Pirineos, para chegar ata o sartego do apóstolo Santiago, en Galicia. Eran xentes moi distintas que se sentían irmanadas por unha fe inquebrantable, a cal lles permitía aturar perigos e penalidades sin conto.
A ruta que ía a Compostela era un camiño de fe e aventuras; pero tamén era una vía onde se intercambiaban costumes e ideas e se enriquecían coñecementos.. No camiño de Compostela iniciouse a unidade de Europa. A causa da grande afluencia de peregrinos, fundáronse hospitais e mosteiros, alzáronse igrexas e hospedaxes, construíronse pontes e calzadas....
Pero sobre todo, unificouse e difundiuse a cultura: o románico chegou a España, dende as afastadas terras de Francia, da man dos monxes de Cluny, que se estableceron o longo do camiño xacobeo. Por esta misma ruta chegou a EUROPA gran parte da obra dos antigos autores gregos, recompilada por árabes e vertída logo ao latín na Escola de Traductores de Toledo..."
Deste xeito CONCHA LÓPEZ NARVÁEZ, comeza o seu libro Endrina e o segredo do peregrino.
Fermoso libro de aventuras que poderán disfrutar os rapaces ó tempo que aprenden acerca desta ruta milenaria que forma parte da nosa cultura.
BO Camiño !
Suscribirse a:
Entradas (Atom)