6/11/15

SEMANA DO MEDO

Durante toda a semana, organizamos actividades relacionadas co medo.Xa que este curso o noso proxecto son os inventos e os descubrimentos, que mellor invento que Frankenstein? Primero abordamos a súa autora, Mary Shelly, e a súa época, para introducir ao noso alumnado nas vantaxes e desvantaxes da ciencia e si e necesario certo control. Continuamos despois coa obra propiamente dita, lendo fragmentos da mesma. Por último proxectamos un anaco da pelicula de Tim Burton, Frankenweenie.

3/11/15

UNHA FESTA DE MEDO....

Este curso celebramos a nosa particular festa do medo. Nun terrorífico laboratorio, uns cientificos moi tolos fixeron tremer de medo ao noso alumnado, será porque este ano a cousa va de inventos??? Hai que ver a que montaron!!!!!!