20/6/14

O CELTIÑA 4º

Os alumnos de 4º,fixeron esta fermosa tarta, para celebrar o traballo realizado durante todo o curso sobre o Celta de Vigo.

O VAL DO FRAGOSO 1º

Os rapaces e rapazas de primeiro leváronos a dar unha volta polo val do Fragoso.Coñecemos o noso entorno máis próximo, que miotas veces é o gran descoñecido. Moi ben rapaces!

18/6/14

CITROEN VIGO 2º

Os alumnos de 2º na súa exposición do proxecto, falaron da Citroên, a nosa industrias máis importante, e mostráronnos esos vellos coches que xa forman parte da historia da nosa cidade.

CASCO VELLO 5ºA

Os rapaces de 5ºA dentro das exposicions do noso proxecto, leváronos a dar unha volta polo casco vello da cidade. Incluso fixeron unha paquena representación da loita contra os franceses na Reconquista.

O AEROPORTO 3º

O alumnado de terceiro traballou, dentro do noso proxecto, o aeroporto de Vigo, fixeron unha explendida exposición, ademáis do que aprenderon sobre a historia e utilidade do noso aeroporto, tamén confecionaron eles mesmos os vídeos que aparecen aquí.

Inazuma Eleven from convigotablets on Vimeo.

Os cans from convigotablets on Vimeo.

Colmillo Blanco from convigotablets on Vimeo.

Traballando con tabletas no CEIP Canicouva from convigotablets on Vimeo.

17/6/14

CAPITAN NEMO INFANTIL

Dentro do noso proxecto anual, os rapaces de infantil traballlaron sobre a ría de Vigo.

FRAN ALONSO

O venres dia 13 de xuño visitounos o escritor Fran Alonso. Os alumnos de primeiro traballaron o seu libro "O meu gato é un poeta" dentro dós itinerarios lectores. O autor falou de que a poesía, como os gatos, apoiase en catro "patas": palabras, maxía ,música e silencio.Además de firmar os seus exemplares, Fran Alonso eloxiou os rapaces pola adaptación teatral da súa obra. Moitas grazas Fran, esperamos verte moi pronto.

11/6/14

EXPOSICIÓN 6º

Os alumnos de 6º curso explicaron un montón de cousas interesantes acerca da nosa ría, tamén elaboraron un power point como axuda ás súas explicacións.