31/10/17

SAMAÍN DEFINITIVO

E chegou o día......

SAMAÍN

Xa estamos no Samaín, nestas datas toca falar de cabazas, esqueletes e demais aparato terrorífico. Aquí déixovos estes recursos do Ceip. Pio XII. moitas grazas a oseu departamento EDL. div style="width: 100%;">

24/10/17

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Como cada ano para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, celebramos a actividade de padriños e madriñas lectoras.

18/10/17

SEMANA MUNDIAL DA ALFABETIZACIÓN EN MEDIOS E INFORMACIÓN

Do 25 de outubro ó 1 de novembro celébrase a Semana Mundial da Alfabetización en medios e Información (AMI) a proposta da UNesco. Chéganos desde BE a seguinte información. A UNESCO propón a celebración da Semana Mundial da Alfabetización dos Medios de Comunicación e da Información (MIL) 2017, a #GlobalMILWeek como un medio para visibilizar as experiencias en materia de educación nas linguaxes dos diferentes medios de comunicación, nun contexto de alfabetizacións múltiples e coa intención de formar ao alumnado como consumidores pero, especialmente, como produtores de información a través dos diversos medios de comunicación: prensa, radio, televisión, vídeo, fotografía, audio, produtos transmedia, internet... A IFLA (International Federation of Library Associations and Institutions) publicou hai un tempo esta infografía na que se lembran algúns aspectos a ter en conta á hora de valorar a información e a fiabilidade das noticias: How To Spot Sake News Traducida ao galego, lembrámola nestes comezos de curso como unha ferramenta para a imprescindible alfabetización en información, na que podemos ir introducindo ao alumnado desde ben pequenos, e aproveitando o interese polos temas que xorden no medio ou no transcurso das investigacións que realicen nas diferentes fases dos seus traballos. (Agradecemos a Manuel Iglesias Fernández a tradución ao noso idioma).

17/10/17

CONCURSO DE SAMAÍN

Este curso, dende EDLG, propoñen un concurso de exconxuros, con motivo do Samaín. Esperamos por todos vos. Animádevos!