25/4/17

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO:UNHA AVENTURA NA BIBLIOTECA

Hoxe os alumnos-as do Colexio asistiron a lectura do Conto Colectivo realizado por eles mesmos:Unha aventura na biblioteca. A lectura a fixeron alumnos de 5º curso ...gustounos moito esta divertida aventura!!!!E deste modo celebramos o día do libro.

ALMA Y LA ISLA

A escritora Mónica Rodríguez visitou o noso centro para falar cos rapaces e rapazas de 5º sobre a súa obra "Alma y la isla" que obtivo o premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil. Os rapaces quedaron moi impresinados coa obra, que trata a inmigración de un xeito realista e conmovedor.

21/4/17

DIA DEL LIBRO

DÍA DO LIBRO

Xa esta chegando! Xa está aquí! O domingo 23 de abril,celebrarase o día do libro, e como cada ano preparámonos para iso. Ademais contamos coa achega que cada ano realizan as fabulosas nais do ANPA, que non deixan de sorprendernos. Deixaron as nosas escaleiras así de chulas!!! Moitísimas grazas polo voso traballo.

5/4/17

CHUS PEREIRO

Onte visítounos Chus Pereiro, foi unha ocasión moi especial, xa que, ademais de ser unha grande escritora foi a nosa compañeira durante moitos anos. Co seu "Restaurante Farruco" os nenos de 4ºB réndenlle unha sentida homenaxe.

2/4/17

O Día Internacional do Libro Infantil celébrase o 2 de abril desde 1967. Elixiuse esta data por coincidir co nacemento do escritor Hans Christian Andersen.