11/1/23

CUENTA CUENTOS

As nosas familias facendo un contacontos antes das vacacións do nadal. Moitas grazas a todos!







 

10/1/23

ANO DE PICASSO











 

O 8 de abril de 2023 cúmprense cincuenta anos do falecemento de Pablo Picasso. A efeméride marcará a celebración internacional da obra e o legado artístico do xenio español durante todo 2023, non só en España. Será un “Ano Picasso” para gozar dunha ampla programación cultural e coñecer mellor a unha das figuras imprescindibles da historia da arte.

Non cabe dúbida da profunda repugnancia de Picasso cara a todo o bélico, da cor que fóra, e do seu pacifismo, que lle levou a participar nos distintos congresos de Intelectuais pola Paz. Para o congreso de París, celebrado en 1949, o poeta e comunista francés Louis Aragón seleccionou unha litografía dunha pomba debuxada por Picasso, que ía converterse no máis famoso símbolo da paz en todo o mundo.