30/11/23

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA


Como cada ano adicamos o mes de novembro á ciencia e o noso alumnado realiza experimentos tan interesantes como estes!

24/11/23

25-N POLA IGUALDADE

 Coa celebración do 25 de novembro quixemos que o noso alumnado traballase a igualdade desde os distintos niveis. Este foi o resultado.

8/9/23

BENVIDOS !!!! CURSO 23/24



Benvidos a un novo curso! Como cada ano esperamos que este curso sexa fantástico e gocémolo! O 2024 será ano olímpico e como non , o noso proxecto será As Olimpíadas. Así que, comezamos a traballar e
Tritongo empeza por pedirvos algo moi especial......





16/5/23

PAPÁ CANIBAL

O pasado venres viu ao cole Antonio Fraga. O alumnado de 3º lera o seu "Papá canibal". Foi un encontro divertido e moi educativo. Hasta pronto Antonio!




Antonio M.FRaga23 - Kizoa Movie Maker

12/5/23

ANXO IGLESIAS

Os alumnos de 5ºA e B leron a novela " Unha nova dimensión" o seu autor Anxo Iglesias visitou a nosa Biblioteca , e quedamos moi agradecidos.Ata sempre!!



ANXO IGLESIAS 5º - Kizoa Movie Maker

4/5/23

ANDREA MACEIRAS

Andrea Maceiras visitou aos rapaces de 4º para falar con eles do seu libro "Alma de elefante"




ANDREA MACEIRAS - Kizoa Movie Maker

28/4/23

BOOKFLIX



Seguindo coas celebracións da semana do Libro, pedímoslle aos nenos que nos presentasen os seus libros favoritos. Debían facer a portada, achegar os datos básicos do libro, unha pequena sinopse e unha valoración.





MORGAN

María de Ferreiro é escritora, ilustradora e ademais é a mamá dun neno do cole. Durante a semana do Libro, ela e Adela Rial (música) visitáronnos co seu personaxe Morgan que axuda aos nenos para recoller os seus xoguetes. Grazas María e Adela, encantounos a vosa visita!


 

26/4/23

QUÉ É UN LIBRO PARA TI?

O Día do libro decidimos preguntar ao noso alumnado que era para eles un libro. Isto foi o que nos dixeron!!!!!







qué es un libro?2023 - Kizoa Movie Maker

25/4/23

SEMANA DO LIBRO

Con motivo do Día do libro, regalamos un libro a todo o alumnado. Algúns deles levaban máis de trinta anos connosco, quixemos despedilos ofrecéndolles a oportunidade de pasar os seus últimos días con alguén que os aprecie.

 

DÍA DO LIBRO - Kizoa Movie Maker

20/4/23

LAXEIRO

O alumnado de 1º foi a visitar a exposición de Laxeiro no MARCO. Dentro do proxecto deste ano, as artes plásticas, eles elixiron a este pintor galego para traballar sobre el.

21/3/23

COCACOLA EN EL MUSEO DEL PRADO

Aínda que algunhas veces a publicidade pode ser engañosa e nada recomendable, outras pode ser puro arte. Aquí deixo este anuncio de Coca-cola.







 

14/3/23

ANA ALONSO

Onte luns visitounos Ana Alonso, escritora moi querida por o noso alumnado. Como sempre foi unha charla moi interesante. Moitas grazas Ana!

ANA ALONSO - Kizoa Movie Maker

10/3/23

DÍA DA MULLER

Os nosos alumnos traballaron o Día da muller, recordando a aquelas mulleres que ao longo da historia aportaron grandes coñecementos e non sempre tiveron o recoñocemento que merecían.

                                                   6ºB


                                               
                                                5ºB

DÍA DA MULLER, MULLER E PINTURA

Este ano estamos a traballar as artes plásticas, así que, co galo dao día da muller, que mellor que falar coa nosa propia artista? A nosa profe de Audición e linguaxe,Nuria, é tamén una gran pintora, decidimos que ela fora a encargada de visivilizar a muller dentro do mundo do arte. Fixo un pequeno taller e contestou a todas as preguntas que lle fixeron os rapaces.Moitisímas grazas Nuria polo teu traballo!

3/2/23

A CIENCIA NA VIDA DIARIA

 Onte, 2 de febreiro, visitounos unha científica moi especial .Esta nova, profesora na Universidade e completando os seus estudos para o doutoramento, foi alumna do cole. Estefanía, (case doutora en ciencias do mar )ensinoulle ao noso alumnado especímenes a través do microscopio, ademais de falarlles do coidado ambiental. Foi moi entretido e didáctico. Moitísimas grazas Estefanía. Esperamos que volvas visitarnos. Un orgullo para o colexio ter exalumnos como ti.



CIENCIA EN LA VIDA DIARIA - Kizoa Movie Maker

2 DE FEBRERO- DÍA DA CANDELARIA

Coa iniciativa do Equipo de Dinamización Lingüistíca,  desde a Biblioteca queremos axudar difundir a festa da Candelaria, de fondo arraigamento en Galicia. Aquí queda o enlace a lingoreteir@s onde descubriredes máis acerca desta festa.

30 ENERO DÍA DA PAZ

Este curso traballamos a Paz ao redor de Picasso. A través de estas dúas obras que reflicten tanto as consecuencias da guerra, maxistralmente plasmadas en ese berro de dor que é o Guernica, e a pomba da paz que se converteu nun símbolo internacional e que foi case unha obsesión para Picasso. Os nenos cubriron o cole con pombas cheas de palabras de esperanza.

11/1/23

CUENTA CUENTOS

As nosas familias facendo un contacontos antes das vacacións do nadal. Moitas grazas a todos!







 

10/1/23

ANO DE PICASSO











 

O 8 de abril de 2023 cúmprense cincuenta anos do falecemento de Pablo Picasso. A efeméride marcará a celebración internacional da obra e o legado artístico do xenio español durante todo 2023, non só en España. Será un “Ano Picasso” para gozar dunha ampla programación cultural e coñecer mellor a unha das figuras imprescindibles da historia da arte.

Non cabe dúbida da profunda repugnancia de Picasso cara a todo o bélico, da cor que fóra, e do seu pacifismo, que lle levou a participar nos distintos congresos de Intelectuais pola Paz. Para o congreso de París, celebrado en 1949, o poeta e comunista francés Louis Aragón seleccionou unha litografía dunha pomba debuxada por Picasso, que ía converterse no máis famoso símbolo da paz en todo o mundo.