18/4/20

COA MÚSICA A OUTRA PARTE

Aquí déixovos a este virtuoso da música caseira, Abraham Cupeiro.
Paréceme unha idea estupenda iso de crear o noso propio instrumento. Se facedes a proba e conseguides resultados, mandádeme un vídeo coa vosa frauta artesanal. Publicareinos e ,quen sabe? Se cadra podemos facer unha orquestra.
A dirección: bibliotritongo@gmail.com
Decídeme o voso nome e o curso e calquera outra cousa que se vos ocorra!








17/4/20

DÍA DO LIBRO

Este ano o Día do libro vai ser un pouco especial. Non podemos ler no parque ,nin tampouco no patio do cole, pero imos celebralo igual. Pedide aos vosos pais que vos fagan unha foto lendo. Elixe un recuncho da casa onde te sintas a gusto e un libro que che leve moi lonxe. Ponte creativo coa foto ou non.... pero faina con ilusión e mándalla a teu o túa profe o  a  bibliotritongo@gmail.com
Espero que esteades todos ben e desexovos unhas moi felices lecturas. Bicos tritonudos.