14/12/21

CAMPAÑA NAVIDEÑA

Un ano mais participamos na recollida de alimentos de AFAN. Queremos chegar a tonelada de alimentos recollidos, pero no o podemos facer sen a túa axuda, neste Nadal sexamos solidarios e xenerosos!!!! bo Nadal!!!!!! e .....Bo camiño!!!!!!!

1/12/21

O CAMIÑO DE SANTIAGO

".....O fenómeno xacobeo segue inspirando a centos de escritores que, dende a ficción, a reportaxe, o ensaio ou a poesía, recrearon e recrean o Camiño, os seus enigmas, os seus encantos. Xa na Idade Media, no século XII as peregrinacións a Compostela achábanse nun dos momentos de maior auxe. Miles de peregrinos cruzaban os Pirineos, para chegar ata o sartego do apóstolo Santiago, en Galicia. Eran xentes moi distintas que se sentían irmanadas por unha fe inquebrantable, a cal lles permitía aturar perigos e penalidades sin conto. A ruta que ía a Compostela era un camiño de fe e aventuras; pero tamén era una vía onde se intercambiaban costumes e ideas e se enriquecían coñecementos.. No camiño de Compostela iniciouse a unidade de Europa. A causa da grande afluencia de peregrinos, fundáronse hospitais e mosteiros, alzáronse igrexas e hospedaxes, construíronse pontes e calzadas.... Pero sobre todo, unificouse e difundiuse a cultura: o románico chegou a España, dende as afastadas terras de Francia, da man dos monxes de Cluny, que se estableceron o longo do camiño xacobeo. Por esta misma ruta chegou a EUROPA gran parte da obra dos antigos autores gregos, recompilada por árabes e vertída logo ao latín na Escola de Traductores de Toledo..." 
 Deste xeito CONCHA LÓPEZ NARVÁEZ, comeza o seu libro Endrina e o segredo do peregrino.
 Fermoso libro de aventuras que poderán disfrutar os rapaces ó tempo que aprenden acerca desta ruta milenaria que forma parte da nosa cultura.
 BO Camiño !

MES DA CIENCIA 3 AÑOS A

26/11/21

MES DA CIENCIA INF 5 AÑOS A

O noso alumnado tómase a ciencia moi en serio. Mirade a estes xenios de 5 anos!!!!!!!!

25 NOVEMBRO , EDUCANDO EN IGUALDADE

Aproveitando a celebración do 25 de novembro, desde a biblioteca queremos remarcar a importancia de educar en igualdade. Basamonos no texto titulado "LA IGUALDAD ENTRE CHICOS Y CHICAS NO ES NINGUNA BROMA" de Sandra Laboucare y Stéphanie Duval, un libro marabilloso e moi sinxelo, onde os nenos poden reflexinar sobre cuestións aparentemente sen importancia, pero que son fundamentais para axudar a cambiar mentalidades.

1/11/21

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

Como cada ano en novembro dedicamos este mes á ciencia. Este curso non faremos tantos experimentos, mais ben nos dedicaremos a relacionar noticias científicas de actualidade co propio currículo dos nenos. Esperade e veredes

5/10/21

O CAMIÑO DE SANTIAGO

Este curso traballaremos sobre O Camiño de Santiagio. Aprenderemos unha infinidade de cousas relacionadas con el. Camiño de cultura, tradición e experiencias persoais. O camiño é algo moi noso, ademais de ter unha enorme proxección no mundo, por tanto , sintámonos orgullosos e comecemos. Bo camiño!!!!!!!

13/9/21

BENVIDOS!!!!!!

Un curso mais, comezamos! Esperamos que todos veñades cheosm de ilusión para afrontor o reto de un novo curso. Pola nosa banda estamos encantados de estar de volta. Bicos tritonudos

25/6/21

GRADUACIÓN 6º

Como cada ano chegou o momento de dicirvos adeus. Despois de tantos anos, case toda a vosa vida, temos que deixarvos ir. Desexámosvos toda a sorte e a felicidade do mundo. Non nos esquezades! Ata sempre!

graduación 6º 2021 - Kizoa Movie Maker

18/6/21

PARÍS: ORIXE DO CINEMA

Os nenos/ as de 6º de infantil realizaron esta pequena montaxe, onde relacionan o nacemento do cinema en Paris, coas películas de animación que teñen como protagonista está fermosa cidade.

16/6/21

21/5/21

27/4/21

DÍA DO LIBRO

Este ano para celebrar o día do libro, os rapaces de infantil fixeron estes marcapáxinas . O alumnado de primaria viu unha película baseada nun libro. Ademáis os libros tiñan que xogar un papel importante na película. Escollimos Matilda de Roald Dahl e A ladrona de libros de Markus Zusak. Ambas foron un gran éxito.

DIA LIBRO21 - Kizoa Movie Maker

24/3/21

DÍA DA MULLER 2021

No Día da Muller, queremos adicar a nosa celebración ao cine, traballando sobre estas mulleres de película.

Día da Muller 21 - Kizoa Movie Maker

2/2/21

DÍA DA PAZ

Con motivo do Día da Paz, fixemos entre todos estas ás. Queríamos reflexar o importante que é a posibilidade de expresarnos libremente, de probar ata onde podemos chegar.