28/4/23

BOOKFLIX



Seguindo coas celebracións da semana do Libro, pedímoslle aos nenos que nos presentasen os seus libros favoritos. Debían facer a portada, achegar os datos básicos do libro, unha pequena sinopse e unha valoración.





MORGAN

María de Ferreiro é escritora, ilustradora e ademais é a mamá dun neno do cole. Durante a semana do Libro, ela e Adela Rial (música) visitáronnos co seu personaxe Morgan que axuda aos nenos para recoller os seus xoguetes. Grazas María e Adela, encantounos a vosa visita!


 

26/4/23

QUÉ É UN LIBRO PARA TI?

O Día do libro decidimos preguntar ao noso alumnado que era para eles un libro. Isto foi o que nos dixeron!!!!!







qué es un libro?2023 - Kizoa Movie Maker

25/4/23

SEMANA DO LIBRO

Con motivo do Día do libro, regalamos un libro a todo o alumnado. Algúns deles levaban máis de trinta anos connosco, quixemos despedilos ofrecéndolles a oportunidade de pasar os seus últimos días con alguén que os aprecie.

 

DÍA DO LIBRO - Kizoa Movie Maker

20/4/23

LAXEIRO

O alumnado de 1º foi a visitar a exposición de Laxeiro no MARCO. Dentro do proxecto deste ano, as artes plásticas, eles elixiron a este pintor galego para traballar sobre el.