24/4/15

DÍA DO LIBRO 2015

Como non podía ser doutro xeito, este día adicámolo a percorrer os paises do mundo con Julio Verne. En todas as aulas visitamos os diferentes países coa Volta ao mundo en 80 días. Durante a hora de ler todo o cole leu a parte desta obra que correspondía o país que están a traballar. A verdade e que os rapaces entusiasmaronse con este particular viaxe...

22/4/15

JULIO VERNE

CUENTOS DE INFANTIL

Os rapaces de infantil están atraballar a Idade Media, e aproveitando este fito visitaron o castelo de Vilasobroso. Depoís da visita elaboraron estos fermosos contos que "publicamos" para vos.

21/4/15

MES DE JULIO VERNE

Este mes e coincidindo coa celebración do día do libro, traballaremos sobre a figura de Julio Verne. Xa que este ano a nosa PDI, está adicada aos paises do mundo imos emprender a nosa particular volta ao mundo da man do esgreiro autor. Outro escritor, Juan José Millás,escribiu un magnifico artículo sobre Julio Verne, que dalgún xeito expresa o que todos sentimos por el e pola súa obra. Xulio Verne foi vítima dunha capacidade de anticipación asombrosa. A súa cabeza concebiu, antes de que chegaran á realidade, o submarino, o helicóptero, o raio láser, os paneís solares… e mesmo Internet. Aquí temos un tipo, que descubriu o século XX dentro del século XIX. Ante esta circustancia o lóxico é que che leven os demos. A min paréceme que a Julio Verne levabanno os demos porque o traxe do XIX viñalle pequeno. Podería ter rematado nun psiquiatríco, pero canalizou a través da escritura a mala sangue que lle provocaba vivir dentro dunha época, con catro tallas mentais menos das que lle correspondían. É raro o lector cuxo encontro coa obra de Verne no lle movese os alicerces . Pola miña parte, quixo o azar que a primeira novela que lera na miña vida fora Cinco semanas en globo. Aclarémonos: eu non era lector. Eu era un rapaz que pasaba moitas horas na rúa e que no inverno, para combater o frío, metíase aos poucos nunha biblioteca pública do seu barrio na que había calefacción, pero onde era obrigatorio estar calado e quedo: tal era o prezo da calor. Un día, por puro aburrimento, ese neno levantouse da mesa, acercouse a un dos andeis, sacou dela un par de libros que devolveu ao seu lugar despois de ollar as portadas. O seu dedo índice continuo percorrendo o lomo dos volúmenes, ata que se detivo en Cinco semanas en globo. A ilustración da cuberta amosaba un globo coa canasta medio desprendida a cuxos restos aferrabanse desesperadamente dous ou tres persoas. O neno voltou perezosamente co libro á mesa, abriuno, leu as súas primeiras líñas e precipitouse no interior do relato coma o que tropeza e cae polas escaleiras que conducen ao sóto. Alí naceu, a idea do libro como sóto, como lugar simbólico en cuxo interior estás a salvo de todo excepto de ti mesmo. O libro como salvación, a lectura como vinganza.